jueves, 22 de enero de 2015



BIOGRAFÍA DE LUCÍA QUINTEIRO LOPEZ

Lucía naceu o día 18 de marzo de 2003, ás 3 da madrugada no Hospital Teresa Herrera da Coruña. Os seus pais son Silvia e Manuel e ten un irmán maior chamado Víctor.
Cando empezou o colexio, ía a un colexio chamado Franciscanas, pero cando estaba en primeiro, cambiouse ao CEIP Portofaro.
Sempre lle gustou a ximnasia artística, e practicaa dende os tres anos. Entrena casi todos os días nun clube en Coruña. Participou en moitos campionatos e exhibicións, como nos de Sada, Valladolid, Oleiros e tamén en Coruña.
Agora cursa sexto de primaria e gústalle moito sacar fotos.



LUCÍA MOSQUERA VIDAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario