jueves, 22 de enero de 2015

     MARTIN LUTHER KING

Martin Luther KingJr. Nacido en Atlanta, 15 de xaneiro de 1929 -Memphis, 4 de abril de 1968.Fue un pastor estadounidense da igrexa bautista1 que desenvolveu un labor crucial en Estados Unidos á fronte do Movemento polos dereitos civís para os afroamericanos.
Por esa actividade encamiñada a rematar coa segregación estadounidense e a discriminación racial a través de medios non violentos, foi condecorado co Premio Nobel de la Paz en 1964. Catro anos despois, nunha época en que o seu labor se orientara especialmente cara á oposición á guerra e a loita contra a pobreza, foi asasinado en Memphis, cando se preparaba para liderar unha manifestación.
Martin Luther King, activista dos dereitos civís dende moi novo, organizou e levou a cabo diversas actividades pacíficas reclamando o dereito ao voto, a non discriminación e outros dereitos civís básicos para a xente negra dos Estados Unidos. Entre as súas accións máis recordadas están o boicot de autobuses en Montgomery, en 1955; o seu apoio á fundación da Southern Christian Leadership Conference, en 1957 e o liderado da Marcha sobre Washington polo Traballo e a Liberdade, en agosto de 1963, ao final da cal pronunciaría o seu famoso discurso "I have adream" ('eu teño un sono'), grazas ao cal se estendería por todo o país a conciencia pública sobre o movemento dos dereitos civís e se consolidaría como un dos máis grandes oradores da historia estadounidense.2
King é recordado como un dos maiores líderes e heroes da historia de Estados Unidos, e na moderna historia da non violencia. Concedéuselle a título póstumo a Medalla Presidencial da Liberdade por Jimmy Carter en 1977 e a Medalla de ouro do congreso dos Estados Unidos en 2004. Dende 1986, o Día de Martin Luther King Jr. é día festivo nos Estados Unidos.


                                                                               IVÁN BRAVO GARCÍA

No hay comentarios:

Publicar un comentario